Monday 01 de July de 2024

O Concello asistiu á III xuntanza de coordinación da Policía Nacional e Local de Galicia


O 2º tenente de alcalde de Ribeira, Francisco Suárez-Puerta, o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, así como, a concelleira de Seguridade do Concello de Ferrol, Carmen Pieltain Fernández, acudiron á III xuntaza de coordinación para intensificar a coordinación entre ambos copos en Galicia.

Segundo informou a Xefatura Superior de Policía de Galicia nun comunicado, no encontro analizouse o cumprimento dos obxectivos marcados no semestre anterior e determináronse novas metas comúns para os próximos meses.

Unha vez máis, esta reunión levouse a cabo no Pazo de Mariñán, en Bergondo (A Coruña), e contou cos responsables operativos da Policía Nacional e das distintas policías locais da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Ferrol, Narón, Vigo, Monforte de Lemos´, Marín e Ribeira.

No transcurso da mesma, analizáronse os datos estatísticos de criminalidade, as diferentes modalidades delituosas, e tratáronse temas como a operación verán, a delincuencia itinerante, UFAM e outras cuestións de interese. Todo iso coa intención de prestar unha mellor atención á cidadanía, realizando unha operativa conxunta que busca a mellora continua neste senso.

Deja un comentario